Saturday 11 de May de 2024

Convocadas as prazas de Xuíz de Paz titular e substituto do Concello de Lousame


 

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, vén de convocar publicamente a elección de Xuíz de Paz titular e substituto do municipio lousamiá. As persoas interesadas en participar, sempre que sexan españois maiores de idade e non estean incursas en causas de incapacidade ou prohibicións previstas na lexislación, poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Lousame nun prazo de 20 días hábiles a contar dende mañá sábado.

As persoas interesadas en optar a estes postos deberán presentar unha instancia dirixida á señora alcaldesa, certificado de nacemento ou copia cotexada do DNI, certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, declaración complementaria á que se refire o artigo 2.1.a da Lei 68/1980 referente a se se atopa inculpado ou procesado, certificación médica acreditativa de non estar impedido física ou psiquicamente para o exercicio da dita función así como xustificantes dos méritos que poida alegar.